| |
En Pazos de Borbén celébranse Festas parroquiais en tódalas
aldeas do Concello, ademáis de dúas festas gastronómicas
que tratamos en capítulo aparte, asi como tamén unha importante
Romaría.

FESTAS PARROQUIAIS
- En Nespereira, O Carme en xullo e Santa Teresa en outubro.
- En Amoedo, San Amaro o 15 de xaneiro, onde é obriga degustar
"o cocido". E o 29 de novembro San Saturniño, patrón
da parroquia.
- En Pazos: Santa María, que é a patrona do Municipio,
o 15 de agosto.
- En Borbén: Nosa señora
da Blanca, o primeiro domingo de agosto, e Santiago o 25 de xullo.
- En Ermida: Celébrase a "Festa das Papas", o segundo
domingo de Pascua.
- En Moscoso: Nosa Señora dos Remedio, o primeiro domingo de
xullo.
- En Xunqueiras: A Virxe do Rosario, a segunda fin de semana de setembro
e San Salvador o 6 de agosto.
- En Cepeda: San Pedro en xuño e Santa Lucía o 13 de decembro.

ROMARÍAS
Na parroquia de Borbén celébrase a Romaría do Santo
Aparecido, o último sabado de agosto, no parque-miradoiro
tamén chamado do Santo Aparecido. Nesta festa pódese disfrutar
dunha boa sardiñada amenizada polos grupos folclóricos que
ata alí se achegan.

OUTRAS CELEBRACIÓNS
Cada ano organízase en Pazos o Antroido do Concello. Tamén
se ven celebrando a chamada Noite Meiga, festival folclórico ó
que acoden grupos rexionáis de toda España, e que remata
a altas horas da madrugada cunha gran queimada.Tamén cada ano celébrase
San Xoán o redor de grandes
fogueiras.
|