Entrar en Pazos de Borbén é viaxar a través dun territorio
de gran beleza. É un dos lugares idoneos para aqueles que buscan
a tranquilidade e o descanso nunha área que combina a paisaxe de
montaña coa frondosidade das ribeiras dos múltiples rios
e regatos que o atravesan.

MONTAÑA
A zona máis alta do concello é a serra
do Galleiro, que forma unha liña de cumes de case dez quilómetros,
un amplo espacio natural para disfrutar camiñando ou en bici de
montaña. Pola súa extensión foi na posguerra refuxio
de "fuxidos" ós que se fixo recentemente unha homenaxe.
Actualmente os únicos habitantes son os cabalos
bravos, coellos, aves rapaces e outras especies animais.
Dende os seus outeiros de bolas graníticas pódese disfutar
dunha das máis extraordinarias vistas das rías baixas. Alguns
destes penedos teñen estranas formas cargadas de lendas e supersticións
como a chamada pedra Catanga, unha pedra musical relacionada coa fertilidade.
Tamén cabe destacar o monte de Pedra Quitiña que é
un gran piñeiral cun característico mirador dende o cal
se pode divisar practicamente todo o concello.

VEXETACIÓN
No que á vexetación se refire, a maior parte do territorio
de Pazos de Borbén é monte arborado, sendo a especie máis
abundante o piñeiro, e destacando a notable extensión de
piñeirais dos montes de A Serra e Pedra Quitiña.
Por outro lado o eucalipto foi ocupando parte dos lugares poboados noutros
tempos carballos e castiñeiros e tamén espacios anteriormente
destinados a pastos para o gando. Así e todo, neste municipio podemos
atopar abundantes fragas e bosques de ribeira nos que o visitante pode
pasear entre amieiros, bidueiros, carballos e sobreiras. Destacan as fragas
do río Barragán, do río Pozo Negro e do río
Pequeño.

RIOS
Se non buscamos o esforzo da montaña e preferimos repousar nin
curruncho tranquilo escoitando o marmuro das augas, temos en Pazos de
Borbén moitos posibles paseos.
As ribeiras do río Pozo Negro
son espacios realmente naturáis, permanecendo inalterados pola
man do home, sendo as súas fragas especialmente fermosas.
No Río Pequeno atopamos
diversas especies de árbores de ribeira, abeleiras, bidueiros,
amieiros, e sobre todo carballos.
As ribeiras do río Barragán
son un inmellorable marco para aquel que quere camiñar entre fragas
e frondosa vexetación, ademáis atópase unha bonita
fervenza que o visitante non debe deixar de visitar, chamada Pozo
Machado.

FAUNA
Ademáis, Pazos de Borbén ten unha capacidade enorme para
acoller multitude de especies animáis distintas. Según un
estudio realizado, ademáis de outros moitos animáis salvaxes,
habitan no seu territorio un total de 70 especies de aves (non domésticas)
diferentes, algunhas de grande atractivo como son as aves rapaces. Este
dato reflicte a riqueza dos espacios naturáis deste concello, hábitat
natural de tantas especies.

ACTIVIDADES
O contorno paisaxístico de Pazos de Borbén permite realizar
numerosas actividades relacionadas coa natureza, como son o seindeirismo,
a pesca e a caza deportivas, e para os afeccionados á micoloxía
a recollida de cogomelos, amoréandose nestas fragas e piñeirais
numerosas especies de fungos comestibles, aquí chamados pan
de cobra.

RUTAS DE SENDEIRISMO
Ademáis das diferentes rutas alternativas que o visitante pode
tomar adentrándose en diferentes camiños e sendas, podemos
atopar as seguintes rutas de sendeirismo:
 |
O cahamado Sendeiro das Greas
(GR-58) atravesa Pazos en dirección noreste-suroeste,
e ten continuidade polos concellos limítrofes de Fornelos
de Montes, Mos, e o resto dos concellos que integran a Mancomunidade
de Vigo.
Empeza na marxe esquerda do río Barragan e sobe ata Xunqueiras
a través do monte e por un camiño empedrado. Dende
alí a ruta diríxise cara a Chan e Borgán, para
logo desdender cara ó río Borbén atravesando
unha vella ponte que foi restaurada. O sendeiro tamén sobe
ata a Serra do Galleiro, dende onde se pode disfrutar de magníficas
vistas.
Ver mapa
|
 |
Unha segunda opción é percorrer o sendeiro PRG-26
que discorre polo Val do río Borbén. Os camiños
enlousados, muros de pedra, levadas para a auga e pequenas pontellas
fan deste sendeiro un espacio que permite gozar de fermosos e apacibles
momentos en contacto coa natureza e o medio rural. A metade dos seus
15 Km. compártense co sendeiro anterior. |
|