GRAVADOS RUPESTRES
CULTURA CASTREXA
MONTE BUXEL


O gran número de restos arqueolóxicos atopados nas terras de Pazos de Borbén, son sen dúbida un dos grandes tesouros cos que conta este municipio. A pesar de estar pouco estudiada a súa historia, o asentamento de culturas prehistóricas é moi evidente, dada a multitude de gravados rupestres e castros atopados na súa área xeográfica.

Os primeiros xacementos arqueolóxicos atopados dan unha cronoloxía que vai dende o 3000 ó 1800 antes de Cristo, pero sen dúbida o marco cronolóxico que máis documentado está é a Idade de Bronce (1800 ó 600 a. d. C.). Nos séculos III e IV crese que Pazos de Borbén podería ser unha antiga poboación romana, coñecida como "Burbida", pero hai desacordo entre os historiadores.


GRAVADOS RUPESTRES

Atópanse en Pazos de Borbén multitude de gravados rupestres, importantes sináis de tempos antigos e testemuñas dunha historia da cal procedemos. Antano, según a visión popular das xentes, coñecíanse como Pedras das Mouras ou Pedras das Cruces, considerándose mensaxes dun misterioso pobo desaparecido. Ver mapa.

De forma moi breve podemos sinalar os seguintes petroglifos ou insculturas:


Na parroquia de Amoedo son numerosos os lugares que teñen petroglifos de motivos xeométricos. Así temos "A laxe das cruces dos Carballiños", os petroglifos de Masusán e os de Alvedosa, entre outros.


En Borbén existen gravados rupestres en "Castro do Coto do Corno" e tamén a coñecida "Pedra das Teixiñas", que se atopa nas proximidades do parque-mirador do Santo Aparecido, e que posúe varios grupos de grabados. O máis significativo e se cadra o que amosa unha escea de apareamento entre dous cérvidos de gran cornamenta.


En Cepeda existen petroglifos de motivos xeométricos en "Cavada de Santiago", ou en "Valongo".


Na parroquia de Ermida tamén existe un pequeno petroglifo na parte alta do chamado "Coto do Corno".


En Moscoso, na "Casa da Rapadoira", no que se poden observar combinacións circulares e máis un posible pé humano. Na "Laxe Escorregadoira" da Lameira e no "Outeiro do Mar" existen cruciformes e cazoletas, pero poden ser de épocas históricas.


En Nespereira, na parte do Monte Galleiro, no chamado Saramagoso, existen gravados rupestres e dise que posiblemente foi lugar dun primitivo asentamento castrexo.


Por último, en Pazos pódense apreciar diversas cazoletas, ferraduras e pisadas de animáis gravadas nas laxes, no "Coto Romeo", "Alto de Faipe" e "As Muras".


CULTURA CASTREXA

Pasando a analizar a cultura dos castros, nestas terras pódense concretar os algúns datos sin embargo o territorio está moi pouco estudiado.

Existe un poboado fortificado (s. VI ó I a. d. C.) no chamado Monte do Cristo, na parroquia de Sta. María de Pazos. Atópase á espera dunha prospección arqueolóxica que permita a súa verificación.

Por outro lado, os expertos no tema concretan a existencia de varios topónimos entre Moscoso e Pazos que unha vez excavados poderían revelar antigos asentamentos ( Monte do Castro, Pedra da moura, As Muras ...) , asi como en Cepeda, nos lugares coñecidos como Coto do Castro e Cimadella.

Sen dúbida o asentamento castrexo do que máis información se coñece é o Xacemento do Monte Buxel, na parroquia de Cepeda.


MONTE BUXEL

O xacemento emprázase sobre unha pequena chan a unha altura de 410m. Cabe supoñer que a parte do xacemento non coñecida se conserva en boas condicións, xa que non se aprecian alteracions significativas na zona, aínda que un sector se atopa bastante alterado por unhas obras de Oleoducto e Gaseoducto, que precisamente permitiron descubrilo.

No verán do 98 desenrolouse unha actuación en extensión sobre o conxunto arqueolóxico, excavándose uns 500 metros cadrados na parte central e uns 50 na área sur. Esta excavación permitiu rexistrar que se trata dun xacemento correspondente á idade de Bronce. Os restos máis significativos son unhas grandes estructuras de almacenaxe de cereal, de planta circular e perfil globular. A maior parte delas conservan restos dun revestimento interior arciloso que servía para aislar o gran contido. Tamén apareceu un tercio de base dun muíño navicular nunha das fosas.

Atopáronse tamén un total de trinta e cinco líticos e noventa fragmentos de cerámica. O material divídese en dous grupos: o grupo mayoritario adscribese á Prehistoria Recente e o segundo grupo (cinco pezas) pertencen a Idade Media.

  • COMO CHEGAR
    Partindo de Amoedo, tomase unha carretera que vai hacia Cepeda. Chegando a esta parroquia, no lugar chamado Valongo, hai que tomar a pista que leva ó emisor de televisión. A uns 600 m. do seu comezo tómase outra pista que vai paralela ó xacemento e incluso o corta ó longo de 800 m.