IGREXAS
ADROS E CEMITERIOS
CRUCEIROS
PETOS DE ÁNIMAS
CANASTROS
FOXOS

En Pazos de Borbén non hai exemplos de construccións monumentales, pero hai moitas pequenas construccións con encanto e conxuntos arquitectónicos interesantes que falan da espiritualidade, das tradicións e das formas de vida do mundo agrario tradicional. As construccións vencelladas ó aproveitamento das augas tratanse aparte, no apartado A cultura da auga.


IGREXAS

Ó longo de todo o concello podemos atopar multitude de fermosas igrexas, datadas todas elas nos séculos XVI, XVII, e XVIII, levantándose algunhas sobre restos de construccións románicas, restos que aínda conservan as igrexas de San Sadurniño de Amoedo e San Martiño de Nespereira.
Nalgunhas parroquias podemos atopar importantes conxuntos arquitéctónicos formados por unha igrexa, a súa correspondente casa rectoral e o seu cemiterio parroquial. Un bonito exemplo é Sta. María de Pazos.
Aínda que estas igrexas se fosen construíndo con aportacións de varios estilos arquitectónicos europeos, o resultado en todas ellas é tan similar na súa estrucctura e tipoloxía que poderíamos cabalmente decir que contan cun estilo propio, que poderíamos chamar estilo rural galego. Un bo exemplo é a igrexa de Xunqueiras.


ADROS E CEMITERIOS

Normalmente este tipo de igrexas dispoñen de pequenos recintos ó seu redor, os adros. O adro sempre aparece cercado por muretes baixos de mampostería, ou tamén por pequenas paredes de sillería ás que se adosa polo seu interior un banco corrido.
Ata principios do século XX os enterramentos realizabanse no chan destes recintos, formando as lápidas o enlousado do adro da Igrexa. Este tipo de cemiterios foron desaparecendo en tódalas parroquias de Pazos de Borbén, conservandose únicamente o de San Martiño de Nespereira.
Durante o século XX fóronse engadindo panteóns dentro do adro da igrexa. Un dos cemiterios máis coñecidos neste estilo é o de Xunqueiras, que destaca pola espectacularidade dos traballos en pedra dos seus grandes panteóns.


CRUCEIROS

En Pazos de Borbén consérvanse multitude de fermosos Cruceiros. Entre este tipo de monumentos, típicos na arquitectura popular galega, podemos destacar A Ruta dos Defuntos na Ermida e O Cruceiro de Moscoso, realizado polo escultor Xosé Cerviño, autor do importante Cruceiro de Hío (Cangas). Outro cruceiro interesante é o de Masusán na parroquia de Amoedo.


PETOS DE ÁNIMAS

En canto ós Petos de Ánimas, destaca o da parroquia de Pazos, importante monumento relixioso de gran interese etnográfico. A súa construcción fíxase no século XVIII. Está situado nunha encrucillada da parte central da parroquia. A devoción ás ánimas segue viva entre as xentes, que adoitan levarlles como ofrenda patacas e millo con formas raras.


OS CANASTROS


Centos de canastros espallados por tódolos núcleos de poboación, agora xa en desuso, aínda que a mioría ben conservados, dan fe dun recente pasado agrícola na nosa zona. Utilizábnse para gardar o grao e as colleitas, especialmente o millo. En xeral son de feitura coidadosa e elaborada e expresan a importancia que tivo para a subsistencia do labrego o que nel se gardaba. Os horreos adoitaban construírse perto da casa.
Algúnhas destas construccións contan con esculturas en pedra que podemos chamar verdadeiras obras de arte. Antigamente a crenza era que estes remates dos hórreos lle daban boa sorte, para que non se perderan as colleitas e para espantar ás meigas.
Hoxe en día os canastros ou hórreos forman parte dun conxunto de fermosas construccións que decoran e se integran na paisaxe.


OS FOXOS

No Concello de Pazos de Borbén, concretamente na parroquia de Moscoso, atópanse os restos dun foxo que se utilizaba antigamente para a caza dos lobos. Esta construcción estaba composta por dous muros de grandes dimensións que formaban un uve converxendo nun punto onde existe un burato moi fondo no chan. Estes muros permitían conducir ó lobo ata dito burato, co obxetivo de deixalos sen posibilidades de fuxir.
A antigüidade desta contrucción non está determinada. O que si se sabe é que deixou de utilizarse aproximadamente a fináis do século XIX
Malia que por desgracia a maioría das grandes pedras que formaban os seus muros foron "desaparecendo" cos anos, aínda hoxe se poden observar pequenos restos desta curiosa cosntrucción.