|

Novo edificio do concello
Pavillón Polideportivo.
Atópase en Pazos e conta cun aforo de cincocentas persoas. No pavillón realizanse diversos campeonatos de fútbol-sala, nel adestran algunhas asociacións deportivas.
Pistas polideportivas ó aire libre.
Podemos atopar nas parroquias de Nespereira, Amoedo, Moscoso e Borbén.
Biblioteca Municipal.
Situada no centro de Pazos, abriu ó público no 1994. Conta con 23 postos de lectura e con 5100 libros. Abre ó púbico os martes e xoves de 16,00a 18,00h.
Antiga Casa do Concello- Centro Antena.
Situada en Pazos nº1, vense utilizando na actualidade para impartir cursos de formación organizados polo Concello. Conta con 15 terminais para poder impartir cursos de iformática e duas aulas máis polivalentes.
Centro de Discapacitados. En construcción.
Centro Social de Amoedo.
Esta instalación está sendo utilizada pola Asociación Social e Cultural do Pensionista do Concello de Pazos de Borbén, contando con unha cafetería, sala de gimnasia, sala polivalente para reunións, cursos,etc,.
Horario: de 16:00 a 23:00 todos os días agás os martes.
Nesta mesma instalación está ubicado un Punto de Internet Rural , dotado de 6 terminais para navegar por Internet.
Horario: 18:00h a 20:00 todos os días agás os domingos e os luns.
|