|

O Municipio de Pazos de Borbén ocupa unha superficie de 49,96 Kilómetros cadrados nos que se reparte unha poboación de 3200 habitantes. No seu territorio atópanse as parroquias de Borbén, Moscoso, Amoedo, Pazos Nespereira, Xunqueiras, Ermida e Cepeda.
No que á actividade económica se refire, o municipio experimentou un notable cambio a partires dos anos setenta. A forma de vida no mundo rural, coa agricultura e a gandería como medios de subsitencia, atópase hoxe a piques de se perder, aínda que moita xente cultiva pequenas hortas destinando os productos obtidos ó consumo familiar.
Un alto porcentaxe da poboación activa desprázase diariamente fora do municipio hacia as zonas industriais de Vigo, Redondela e Pontevedra, gran parte no sector dos servicios.
O Concello de Pazos de Borbén conta cun consolidado polígo industrial que recibe o nome de “Polígono Industrial A Chan de Amoedo” , situado na parroquia de Amoedo e nestes intres atópase nunca fase de expansión. As empresas situadas nos polígono son:
- Elaborados Marusía; S.L. (elaborado de peixe): Tel: 986.41.97.00
- Algamar C.B.: (elaboración de algas): Tel: 986.40.48.57
- Isabel Curras: (Cubitos de hielo); Tel: 986.40.45.46
- Elaborado Gallegos (ELGASA) ; (elaborados de pescado). Tel: 986.24.00.97
- Adhesivos Industriales Dourdin, S.A.: (Adhesivos); Tel:986.40.10.51
- Carrocerías Rayman, S.L.: (carpintería de aluminio); Telf: 986.49.75.00
- Gasolinera A Chan de Amoedo: Tel: 986.49.75.18
- Juan José Pazos, S.L. (taller de piedra)
- Maderas Ingama,S.L.: (aserradero de madera) 986.49.75.04
- Impergalicia, S.L. (impermeabilizaciones); Telf: 986.49.81.53
- Pales y sistemas de Embalaje Alba, S.L. 986.49.82.07
- Cervigal, S.L. ; (distribución de cervezas importadas) Telf.986.49.81.17
Tamén existen en Pazos de Borbén pequenas empresas adicadas ó sector da construcción.
A EMIGRACIÓN
A emigración foi unha das principáis opcións de traballo dos habitantes de Pazos de Borbén durante todo o s. XX, principalmente a Sudamérica, e en especial a Brasil.
Na actualidade remitiu levemente, pero aínda son moitos os veciños de Pazos de Borbén que se deciden a buscar traballo fora da nosa terra, sobre todo hacia a Costa Catalana, Baleares e Canarias.
|
|