|
CARACTERíSTICAS SOCIOECONóMICAS
O Municipio de Pazos de Borbén ocupa unha superficie de 49,96 Kilómetros cadrados nos que se reparte unha poboación de 3200 habitantes. No seu territorio atópanse as parroquias de Borbén, Moscoso, Amoedo, Pazos Nespereira, Xunqueiras, Ermida e Cepeda. No que á actividade económica se refire, o municipio experimentou un notable cambio a partires dos anos setenta. A forma de vida no mundo rural, coa agricultura e a gandería como medios de subsitencia, atópase hoxe a piques de se perder, aínda que moita xente cultiva pequenas hortas destinando os productos obtidos ó consumo familiar. O Concello de Pazos de Borbén conta cun consolidado polígo industrial que recibe o nome de “Polígono Industrial A Chan de Amoedo” , situado na parroquia de Amoedo e nestes intres atópase nunca fase de expansión. As empresas situadas nos polígono son: - Elaborados Marusía; S.L. (elaborado de peixe): Tel: 986.41.97.00
Tamén existen en Pazos de Borbén pequenas empresas adicadas ó sector da construcción.
Na actualidade remitiu levemente, pero aínda son moitos os veciños de Pazos de Borbén que se deciden a buscar traballo fora da nosa terra, sobre todo hacia a Costa Catalana, Baleares e Canarias. |
| Concello de Pazos de Borbén: Pazos, nº52 - 36841 Pazos de Borbén (Pontevedra). 986 497 035 . concello@pazosdeborben.org |